o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

28 enero, 2006

hai que saber asumir os erros, fun incapaz de subir unha imaxe preciosa. Resignación.


27 enero, 2006

conciencia intranquila

Nun instante todo se pode consumir, os teus soños, a túa vida, as túas ilusións...Pero o que nunca se dará consumido é a liberdade, liberdade de pensamento. Aínda que enormes cadeas te teñan preso e non te deixen mover, aínda que te poñan un arma na boca e non te deixen falar, aínda que che corten as mans e non te deixen escribir, aínda que te deixen cego e non poidas ler, non teñen nada que facer. Non hai ningunha persoa capaz de restarche liberdade, liberdade de pensamento, liberdade de corazón, liberdade de soños e arelas, liberdade de ser como cada un queira ser.

26 enero, 2006

as primeiras raices

A verdade é que non sei que poñer nestas primeiras palabras do meu retoño. Son moitas as cousas que quero poñer pero poucas as palabras que me saen. Estou en branco. Ou en verde, como a árbores que acaba de ver a luz. Unha árbore que quero que medre coa vosa axuda e que serva de protección neses días de lume intenso. Unha árbore que chegue ben alto para facer de pousada aos páxaros que non teñan forzas para loitar en contra do vento. Unha árbore que lle medren as ramas e as follas a través de historias e contos, de fantasía e realidade, de soños e desafíos. Quizáis isto é cousa dunha noite de loucura ou quizáis sexa o comezo de algo....