de volta
Non, non marchei aínda sigo por estes lares. Cando a rede falla e as ganas de escribir tamén non hai maneira de facer nada. Despois dun mes era hora de que a arbore seguise medrando. Agora xa non hai exames, nin traballos (ben, iso si, pero menos agobiante que antes). Xa rematou un cuatrimestre, o que se supón que é máis longo, e comezou outro que cando nos demos conta xa terá pasado. Toca mesturar as clases con tremendos días de sol nos que o corpo che pide que non fagas nada. Dín que cando entre a primaveira os corpos renóvanse do duro inverno e florecen barulleiros.