o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

04 junio, 2006

¡Ai Lourenzo!


¿Porque sempre que hai que estudar temos que aguantar temperaturas de 40º?¿Porque cando podemos desfrutar do tempo libre sempre chove?¿?¿Que fixemos os estudantes para merecer iso?Non aturo estar na habitación e ver pola fiestra un sol enorme que me está dicindo: ¡deixa de mirar e ven conmigo, deitate na herba ou marcha para a praia pero non quedes pechada nun cuarto escuro!. Será cabrón o sol! Non lle chega con facerme suar senón que aínda me ten que provocar. Non, non podo marchar, son unha muller responsable e mañá teño un exame (un requisito). Pero vouche mandar unha mensaxe Lourenzo, cando remate os exames xa pode vir bo tempo para poder disfrutar del como realmente se debe facer, ou queres que mal aproveitemos os teus preciosos raios. Non te desvalores home que aínda que estés ti só todos falamos sobre a túa cor.
Desta maneira fariamos como moitos dos nosos maiores que en días calurosos dicían: "voume poñer á raiola" cando realmente ían en busca dunha boa sombra que lle apartase do corpo as poderosas gadoupas de Lourenzo.
Eses vellos que sin saír do pobo coñecían mellor a vida que moitas das persoas que non deixan de viaxar para reconfortar a súa mente e a súa conciencia.
¡Eu quero ser como os de antes e ver a vida doutra maneira!¡quero manter ese punto de inxenuidade sobre a sociedade! ¡Quero seguir sendo virxe mentalmente por más tempo! ¡Quero disfrutar das cousas como o facían eles, saboreando cada pequeno detalle!