o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

17 julio, 2007

Xa é de verdade

Só nun mes que levo sen escribir, xa mudaron moito as cousas. No anterior post celebraba o acto de licenciatura, pero agora xa podo dicir que son licenciada!!!! Pásame igual que cando cumprin os 18 anos, que non notaba a diferencia con respecto aos 17, pero xa era maior de idade e abríanseme novas portas. Agora pasa un pouco do mesmo, son licenciada pero aínda non sentín nada novo con respecto a hai un mes. Evidentemente son consciente de que ante min se abre un novo mundo que está por descubrir, sobre todo no aspecto profesional.
O día de hoxe era inimaxinable hai catro anos, cando inocente (¿?) acudía abraiada a ese novo lugar, sen coñecer a ninguén, pero cunhas ganas enormes de aprender cousas, de aprender experiencias e de vivir aventuras.
Este quizais é o momento de facer balance dos últimos 4 anos. 4 anos nos que vivín de noite e de día, no que durmimos 5 persoas nunha pequena cama ala polo cuarto catro mil e pico e escoitando os cuarenta principales, no que arriscamos a nosa pel para facer entrevistas moi interesantes (debo destacar que houbo unha época na que eramos asiduos ao Hostal dos Reis Católicos incluso vimos como caín folerpas de neve cubrindo a fachada da Catedral), pasamos horas diante do ordenador para facer traballos divertidos, viaxamos, fixemos festas, rimos e choramos, berramos, saltamos, fixemos cenas, coñecimos xente, fixemos loucuras e vivimos.
Sen dúbida foi unha boa, unha moi boa etapa, foron 4 anos nos que aprendín máis fora da facultade que nas aulas. Pero aquí remata unha etapa, moi boa sen dúbida, e comeza outra, moi diferente pero non menos interesante. Agora xa non somos tan nenos pero tampouco tan maiores.