o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

23 enero, 2008

despois de tanto tempo...


E medio ano máis tarde volvo para agocharme entre as follas desta árbore.

Un ano novo, que non empezou da mellor maneira pero que promete.

Un ano vello que non rematou como agardaba no seu comezo, pero no que aprendín moito, moitísimo e no que descubrin que as persoas non somos perfectas.

Foron moitas as novidades que habería que contar!!!pero quizais outro día.

Con un ano máis, quen vos fala, está á espera de novas laborais, agardo que boas. Como dí miña nai, quen traballa acaba tendo a súa recompensa.

Cando teña novidades xa informarei.



p.d. A foto non ten relación co texto, pero gústame é unha das que fixen nun dos meus traballos.

17 julio, 2007

Monet







Onte vin a unha persoa traballar con láminas de arte e lembreime do que me gustaba mirar unha e outra vez o libro de arte do instituto, foi con unha das materias que máis disfrutei. Estos son algúns dos cuadros de Monet que máis me gustan.

Xa é de verdade

Só nun mes que levo sen escribir, xa mudaron moito as cousas. No anterior post celebraba o acto de licenciatura, pero agora xa podo dicir que son licenciada!!!! Pásame igual que cando cumprin os 18 anos, que non notaba a diferencia con respecto aos 17, pero xa era maior de idade e abríanseme novas portas. Agora pasa un pouco do mesmo, son licenciada pero aínda non sentín nada novo con respecto a hai un mes. Evidentemente son consciente de que ante min se abre un novo mundo que está por descubrir, sobre todo no aspecto profesional.
O día de hoxe era inimaxinable hai catro anos, cando inocente (¿?) acudía abraiada a ese novo lugar, sen coñecer a ninguén, pero cunhas ganas enormes de aprender cousas, de aprender experiencias e de vivir aventuras.
Este quizais é o momento de facer balance dos últimos 4 anos. 4 anos nos que vivín de noite e de día, no que durmimos 5 persoas nunha pequena cama ala polo cuarto catro mil e pico e escoitando os cuarenta principales, no que arriscamos a nosa pel para facer entrevistas moi interesantes (debo destacar que houbo unha época na que eramos asiduos ao Hostal dos Reis Católicos incluso vimos como caín folerpas de neve cubrindo a fachada da Catedral), pasamos horas diante do ordenador para facer traballos divertidos, viaxamos, fixemos festas, rimos e choramos, berramos, saltamos, fixemos cenas, coñecimos xente, fixemos loucuras e vivimos.
Sen dúbida foi unha boa, unha moi boa etapa, foron 4 anos nos que aprendín máis fora da facultade que nas aulas. Pero aquí remata unha etapa, moi boa sen dúbida, e comeza outra, moi diferente pero non menos interesante. Agora xa non somos tan nenos pero tampouco tan maiores.

21 mayo, 2007

LICENCIADOS????




XA SOMOS LICENCIADOS !!!!!!!!!


NORABOA A TODOS OS QUE CHEGARON ENTEIROS DESPOIS DE CATRO DUROS ANOS!!!!!!!




(foto titularidade de oko)

DESPOIS DE 4 ANOS


Vai facer 4 anos que todos estabamos nerviosos polo que pasará, polas novas experiencias que nos tocaba vivir, non tiñamos medo pero si precaución. Hoxe, 4 anos despois, volvemos a star nunha situación moi similar. Atopámonos ante o remate dunha etapa fructífera, con momentos inesquecibles e con historias das que nunca me esquecerei. Atopámonos diante do remate da carreira, onde un dos nosos soños xa se cumpriu, ser licenciados en Xornalismo. Foron 4 anos do mellorciño e agardo que os próximos sexan así ou mellor. Hoxe é dia de resaca e cansanzo, día na que apenas nos lembramos dos detalles de onte, do acto e da cena, día no que se fixeron moitas promesas (non sei cantas se cumprirán), día de lágrimas para uns e de risas para outros. A única diferenza que temos ante nós é que cada un vai afrontar o futuro dunha maneira diferente, a miña dende logo non pode ser máis positiva.

10 abril, 2007

desculpa

Había tempo que non me deixaba caer por estes lares. A verdade é que non tiven moito tempo. Non sei de onde quitar minutos para adicarllo a esta criatura. Son moitas as cousas que pasaron e moitas, agardo, as que pasaran. Estou as portas de embarcarme nun novo proxecto pero mentres non teña máis datos non quero facerme ilusións.

06 febrero, 2007

medrou


Había tempo que non sentaba unha tarde sen facer nada. Había tempo que non empregaba este espazo. Pódese pensar que ese árbore que un día comezou a nacer quedou estancado en algún sitio. Non foi realmente iso, a árboremedrou, e moito, as súas ramas fóronse enchendo de savia nova que fixeron medrar uns pequenos froitos invernais. Agora é máis alta e coñece mellor o seu medio, tamén botou raíces aquí, aínda que precisa expandirse. Nestes meses de longa ausencia, viaxou, coñeceu outras culturas fermosas, das que xa falaremos, coñeceuse mellor, cambiou de aires e descubriu e non todo pode sair ben sempre e que non todo o que reluce é ouro.
Neste ano que comezou hai un mes, medráronlle novas ramas e novas raíces, e volve co propósito de chegar a ser a árbore máis alta dos arredores. Botémoslle abono.

27 septiembre, 2006

Un regreso inesperado ( II parte)

Os últimos 5 anos pasáraos nun hospital de pobres e mutilados. Houbo momento nos que pensou que nunca sairía de ese edificio frío e sucio, pero chegou un día no que lle dixeron que facían falta as camas e que se tiña que marchar. Así o fixo. Cando saíu do hospital non sabía a onde ir. Aquela non era a súa cidade, nin coñecía a ningunha persoa que o puidese axudar, só tiña un traxe vello e ganas de facer algo, de volver a ser o dono da súa vida. Non sabe como pero conseguiu reunir os cartos necesarios para volver onde a súa familia. Seguramente eles pensaran que estaba morto, el tampouco sabía como estaban os seus. Despois dunha longa viaxe pousou os pés naquelas rúas coas que tanto soñara. Suspirou e comezou o camiño a súa casa. Non sabía co que se ía atopar, polo de pronto recibírano como o sabe facer esta vila, chovendo.

Nas rúas non había xente, estaban todos nas casas ao quente. Detrás das fiestras había luz e ruído. A primeira impresión non lle gustara moito, parecía máis sucia e marxinal, parecía menos Compostela. Recorreu as rúas sen presa, observando cada pequeno detalle, cada cousa nova e cada cousa vella. A guerra, por desgracia, tamén se deixou notar na súa vila. A preocupación ía en aumento xunto coa súa dor de brazo, estaba nervioso e desexando chegar a súa casa e ver aos seus irmáns e os seus pais. Cando alcanzou a rúa detívose, aínda non se parara a pensar que pasaría se non o recoñecían. Daba igual. Chegou ao número 7, o lugar onde dera os seus primeiros pasos e onde coñecera a súa primeira mociña. Alí parado diante da porta parecía un espantallo. Non era a mesma casa, parecía máis vella e ruinosa. Faltaba algún dos cristais das fiestras e o tellado deixaba pasar auga. Nunha primeira imaxe parecía abandonada. Chamou á porta pero non recibiu ningunha contestación, decidiuse e entrou. Na cociña atopou a unha señora maior, vestida de negro, parecía que durmía nunha cadeira. Ao carón estaba un meniño durmido no berce e unha muller embarazada. Todos estaban calados, nin se molestaron en erguer a vista para ver quen era ese descoñecido. El recoñeceunas, súa nai e unha das súas irmáns, os nenos supoñía que serían os seus fillos. Faloulles, díxolles quen era. Non reaccionaban. El choraba por todo ese tempo que non puido estar na súa casa, por ese tempo no que non as puido protexer. “Non chores meu fillo, por fin chegaches, agardábamos por ti dende hai anos” unha voz débil pero emocionada saía daquela cadeira. Abrazouna e seguiu chorando.

Un regreso inesperado ( I parte)


Aquela tarde chovía. A auga reflectíase na pedra gris das rúas de Compostela. A verdade é que con ese marco non podía haber mellor recibimento para un retornado. O ceo seguía a escurecer, a tarde estaba chegando ao seu fin e como non se dera presa había pasar unha noite ao frío. Non lle tiña medo, os seus ósos xa estaban acostumados a sentir como miles de bechos lle mordían as entrañas. Estaba todo cambiado, as casas, as rúas, os negocios... o único que seguía igual era a choiva. Levaba moitos anos fora da cidade, da súa casa e, agora volvera, non sabía para que, quizais para curar todas as feridas da alma. Compostela cheiraba igual pero el non. Ó seu paso ía deixando un intenso olor a pólvora, a sangue, a penuria e a morte. Enrique botara quince anos lonxe da súa terra. A guerra pillárao na súa mocidade e coma tal tivo que alistarse para servir a Franco. El non quería, ademais de odialo, sabía que a súa existencia non volvería a ser igual. Iso se tiña a sorte de regresar con vida.

Nestes anos o seu físico cambiara moito, agora era alto e forte, medrara dende que marchou. Pero non estaba ben, a neumonía non se curara de todo, e o brazo custáballe movelo. ¡Que se lle ía facer! A guerra non quería deixar indemne nin aos máis débiles e inocentes. Non se pode dicir que el o fose, xa que polas súas mans pasaran moitas armas, pero viu como moitos desgraciados morrían sen saber que mal fixeran.

22 septiembre, 2006

amor e psyche


Para min esta é unha das esculturas mási fermosas que vin. Á vez que os corpos están convulsos transmite equilibrio, igualdad, paixón... El parece que voa, que as súas duras ás mantéñeno no aire, que non pesa. Ela aférrase á terra, cóstalle máis deixarse levar pero entrégase ao voo. Increible a escultura!

Ás veces bótanse de menos






Xa remata o verán


Quen o ía a dicir, xa pasaron tres meses, xa case pasou o verán e xa somos tres meses máis vellos. Cando comezamos a nosa andaina polos distintos medios seguro que todos pensabamos, uf!!aínda nos quedan tres longos meses de verán, no que tomaremos máis a sombra que o sol. Pois nun abrir e cerrar de ollos xullo pasou, agosto tamén e de setembro pouco queda. Con setembro tamén temos que dicir adeus ou ata logo aos compañeiros de prácticas, aos nosos xefes, as nosas rutinas de traballo... volve o curso, o último curso da carreira. É inevitable pensar as nosas vidas teñen que bifurcarse, cada un mirar cara o seu futuro, algo terrorífico por certo. Pero isto non nos pode facer esquecer as noites de Santiago, as ceas multitudinarias en antros de mala morte nos que acababamos pechando o local e os costilleos do día despois... Pero sobretodo pensar que aínda temos unha viaxe por realizar, Túnez agárdanos a todos! Espero que non se veñan a baixo todas as ilusións que temos posta nesa nova aventura, na que debe primar a festa e por suposto a visita á unha cultura totalmente diferente.