o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

30 mayo, 2006

QUÉROTE.

24 mayo, 2006

estresssss

Hai días nos que todo parece non ter fin, unha escura escaleira, sobes e sen darte conta volves baixar. Preocupacións, nervios, presión... todo este tipo de adxetivos parecen poñerse de acordo para "tocar as pelotas". Chega o verán e con el chega unha nova etapa, en parte descoñecida e en parte desexada por todos, todos queren voltar en outubro e contar as aventuras do que fixeron nas prácticas ou presumir dos contactos que fixeron. Pero o peor é agardar ata o momento no que che digan cal é o teu destino final para estes meses de calor. Quizais as veces é un pouco esaxerado as cousas que pensamos, engrandecemos os máis pequenos detalles para facernos máis importantes (xa se sabe que canto máis dificultade máis presume un de agrandarse, que o faga ou non xa é outra cousa) non o sei. Como me dixo unha persoa unha calurosa tarde : "parece que a túa vida é un cúmulo de preocupacións". Quedei pensando nesta frase toda a tarde pero ¡que razón tiña quen mo dixo!

23 mayo, 2006

natureza morta

O mundo é un ruído, un ruído insoportable ás veces. Nel atópanse milleiros de partículas microscópicas que loitan por caer no mellor sitio. Non lles importa loitar contra outras partículas iguais a elas, non se paran a pensar nos demais. O meu primeiro!. Pero tampouco se dan de conta que se caen elas primeiro no sitio, máis tarde ou máis cedo, chegará outra partícula que porá no lugar da primeira, aplastándoa, nunha morte moi lenta e dolorosa. Unha morte tan cruel que todas as partículas desexarán voltar atrás e non ter caído no sitio que o fixeron. Así é a extinción do mundo das partículas, un mundo demasiado semellante ao noso.
Que non fiquen estas verbas na vosa mente. Tan pronto como as leades deixade que o vento frío do norte as leve a onde non as atopemos nunca máis.