o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

23 mayo, 2006

natureza morta

O mundo é un ruído, un ruído insoportable ás veces. Nel atópanse milleiros de partículas microscópicas que loitan por caer no mellor sitio. Non lles importa loitar contra outras partículas iguais a elas, non se paran a pensar nos demais. O meu primeiro!. Pero tampouco se dan de conta que se caen elas primeiro no sitio, máis tarde ou máis cedo, chegará outra partícula que porá no lugar da primeira, aplastándoa, nunha morte moi lenta e dolorosa. Unha morte tan cruel que todas as partículas desexarán voltar atrás e non ter caído no sitio que o fixeron. Así é a extinción do mundo das partículas, un mundo demasiado semellante ao noso.
Que non fiquen estas verbas na vosa mente. Tan pronto como as leades deixade que o vento frío do norte as leve a onde non as atopemos nunca máis.

1 Comentarios:

Blogger eternidade dixo...

Bonitas verbas, semente de mar, bonitas verbas a ver se algún día deixas que a túa imaxinación vexa a luz e ti firmar por ela.

4:27 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home