o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

16 marzo, 2006

de volta

Non, non marchei aínda sigo por estes lares. Cando a rede falla e as ganas de escribir tamén non hai maneira de facer nada. Despois dun mes era hora de que a arbore seguise medrando. Agora xa non hai exames, nin traballos (ben, iso si, pero menos agobiante que antes). Xa rematou un cuatrimestre, o que se supón que é máis longo, e comezou outro que cando nos demos conta xa terá pasado. Toca mesturar as clases con tremendos días de sol nos que o corpo che pide que non fagas nada. Dín que cando entre a primaveira os corpos renóvanse do duro inverno e florecen barulleiros.

1 Comentarios:

Blogger Madeleine dixo...

Alégrame ver que non esqueceu de botarlle abono aos pés da súa árbore, sería unha mágoa botar a perder algo tan prometedor. Un saúdo, volveremos...

11:14 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home