o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

01 febrero, 2006

Reencontro noutra dimensión

Hoxe, despois de moitos anos, por fin se rencontraron. Noutra esfera pero non deixan de ser elas as dúas. Dende pequenas estiveran xuntas pero a morte prematura dunha delas separounas. Un fío cortouse entre ambas pero nunca deixaron de quererse, nin de falarse, nin de botarse de menos. Despois de tanta rabia e sufrimento volven estar unidas. Estou segura que se o ceo existe alí estan as dúas irmáns. Elas naceron no país dos habanos, en Cuba, pero vivirían na súa terra. Na terra dos seus pais que as adoptou como se fosen fillas privilexiadas, na nosa terra que nos agarima no seu seo. Seguramente sexan felices no seu novo país, alí no límite coas estreas. Ao menos sabemos que non están soas, que se teñen a unha a outra. Pero aquí tamén sabemos que sempre estarán dentro da nosa memoria, do noso corazón.