o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

26 enero, 2006

as primeiras raices

A verdade é que non sei que poñer nestas primeiras palabras do meu retoño. Son moitas as cousas que quero poñer pero poucas as palabras que me saen. Estou en branco. Ou en verde, como a árbores que acaba de ver a luz. Unha árbore que quero que medre coa vosa axuda e que serva de protección neses días de lume intenso. Unha árbore que chegue ben alto para facer de pousada aos páxaros que non teñan forzas para loitar en contra do vento. Unha árbore que lle medren as ramas e as follas a través de historias e contos, de fantasía e realidade, de soños e desafíos. Quizáis isto é cousa dunha noite de loucura ou quizáis sexa o comezo de algo....

3 Comentarios:

Blogger xorna dixo...

noraboa pola súa incorporación ao mundo blogeiro! saiba que se vai enganchar, isto é coma unha droga!

4:13 p. m.  
Blogger Madeleine dixo...

BENVIDA!!!! Espero que non lle importe a miña intromisión, eu adoito enterarme de todos os reflexos neste novo mundo.

9:48 p. m.  
Blogger Caufield dixo...

¡Benvida!Pase e postee, e ben lle irá!:D

12:02 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home