o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

28 enero, 2006

hai que saber asumir os erros, fun incapaz de subir unha imaxe preciosa. Resignación.

4 Comentarios:

Blogger Madeleine dixo...

disme que intentaches poñer o meu nome nos teus links. E fuches capaz, e o feito de que te lembrases de min cáusame unha alegría que non podo explicar e que me anima a volver a compoñer algunha nota. Pero non podo, hoxe non podo. Dóeme a alma, eternidade, e non teño savia fresca para que broten en min novos acenos de vida.
AGORA TÍ TAMÉN SABES QUEN SON EU, e iso que non quería...

7:39 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue dixo...

Outra vez será non te desesperes a tecnoloxía é che o que ten...
Resístese ás veces.
Unha aperta de benvida.
:)

3:13 p. m.  
Blogger eternidade dixo...

grazas por esa aperta tecnolóxica marinha de allegue!!! é un consolo saber que non só se me resiste a min!!
En canto a Madeleine non debes deixar que che doa a alma, xa que é unha das peores dores. O que che ten que doer son os beizos de tanto sorrir. :))))

11:51 a. m.  
Blogger oko dixo...

àgardo por esa imaxe tan linda...

5:19 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home