o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

08 febrero, 2006

Soamente ti

Isto é un aviso para todos os incrédulos e incrédulas. Para esa xente que pensa que o amor non existe como tal, para os que pensan que co paso do tempo todo se esgota e para eses que queren ser queridos toda a vida. Eu mesma comprobei como o amor si que exite. Comprobeino mentres via como un home se despedía da súa muller, levaban máis de media vida xuntos. Agora tardará en volver a vela, en dormir ao seu carón, en sentir a súa presenza. Ela foise e deixouno aquí só, coas lembranzas de toda unha vida. Ela estaba queda, cun sorriso nos beizos. El non se separou nin un momento do seu lado, quería aproveitar o pouco tempo que lle quedaba para estar con ela, despois voaría.Só serían imaxes na súa memoria, fotografías de antano. Coa mirada fixa no chan murmurou unhas doces verbas: "aínda estou namorado dela, como se fose a primeira vez". As bágoas corríanlle pola cara, ao final do día xa saían con contagotas. Cada bágoa era un bico, unha caricia, un segredo compartido, un enfado, unha mirada, un desexo, un quérote, unha complicidade, un adeus con retorno, un adeus para sempre...
Agora sinto que a necesito como nunca, teño a necesidade de falar con ela pero non me contestará. Quizais este mirandome dende algún lugar e pensando nos mesmo recordos ca min pero que máis dá, non podo tocala. Agora as noites serán máis longas, a cama estará máis fría, xirareime e non a atoparei. Non, non era comodidade o que sentía. Era amor, amor puro.