o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

26 abril, 2006



Mira, si sen medo, le estas verbas que van adicadas para ti. Non digo nomes porque xa te dás por aludido. Hai cousas que non precisan ser nomeadas para que todos o saiban. Unha vez, hai tempo, pensei que o que fixen sería unha tolería pero hoxe en día non me arrepinto de nada. Alégrame saber que aínda hai persoas como as que habitaban na miña imaxinación, persoas que cumpren todos os requisitos para facer que bote un sorriso, persoas coma ti. A xente empeñábase en dicir que non existían nin as fadas, nin os príncipes azuis, nin os trasnos, nin os soños. Pero eu encárgome de dicir que é mentira, aínda existe por aí algún ser que non é coma os outros, algún ser que desfruta dos pequenos momentos, dos pequenos detalles. Tamén hai fadas que che axudan sen darte conta. Eu tamén quero ser como elas. As veces un abrazo vale máis que mil aplausos. Grazas.

1 Comentarios:

Blogger Madeleine dixo...

Dudaches algunha vez de que existían trasnos e fadas? Eu non, será algo así como o dos Reis magos ou o ratiño pérez. E se ti tes o teu particular fado (padriño jeje) date por afortunada. E se non cres nas bruxas, bótame un vistaciño a min...

12:40 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home