o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

26 abril, 2006



Mira, si sen medo, le estas verbas que van adicadas para ti. Non digo nomes porque xa te dás por aludido. Hai cousas que non precisan ser nomeadas para que todos o saiban. Unha vez, hai tempo, pensei que o que fixen sería unha tolería pero hoxe en día non me arrepinto de nada. Alégrame saber que aínda hai persoas como as que habitaban na miña imaxinación, persoas que cumpren todos os requisitos para facer que bote un sorriso, persoas coma ti. A xente empeñábase en dicir que non existían nin as fadas, nin os príncipes azuis, nin os trasnos, nin os soños. Pero eu encárgome de dicir que é mentira, aínda existe por aí algún ser que non é coma os outros, algún ser que desfruta dos pequenos momentos, dos pequenos detalles. Tamén hai fadas que che axudan sen darte conta. Eu tamén quero ser como elas. As veces un abrazo vale máis que mil aplausos. Grazas.

O balbordo típico da primaveira xa chegou. O sol e o calor fan que os pequenos corpos dos humanos reaccionen. ¿Cales son estas? Podes atopar de todo. Así que a miña é escribir porque a conciencia xa me apretaba demasiado. ¡Levo máis dun mes sen escribir no meu blog!Pçodese considerar un tanto intolerante e por suposto que o é. Un blog morto é como un mal pensamento para unha fada, desaparecen e así tamén a imaxinación de todos nós.