o amencer dunha arbore

Isto é un refuxio para as aves.Aves que non dan loitado contra o vento.Vento que nos deixa frio.Frio que non é capaz de conxelar as miñas intencións.Intencións de escribir.Escribir historias e contos,realidade e fantasía.Fantasía mesturada cun pouco de imaxinación. Imaxinación que se converte en ilusión.Ilusión de facer o que máis me gusta.SOÑAR

Nombre:
Lugar: Santiago

24 mayo, 2006

estresssss

Hai días nos que todo parece non ter fin, unha escura escaleira, sobes e sen darte conta volves baixar. Preocupacións, nervios, presión... todo este tipo de adxetivos parecen poñerse de acordo para "tocar as pelotas". Chega o verán e con el chega unha nova etapa, en parte descoñecida e en parte desexada por todos, todos queren voltar en outubro e contar as aventuras do que fixeron nas prácticas ou presumir dos contactos que fixeron. Pero o peor é agardar ata o momento no que che digan cal é o teu destino final para estes meses de calor. Quizais as veces é un pouco esaxerado as cousas que pensamos, engrandecemos os máis pequenos detalles para facernos máis importantes (xa se sabe que canto máis dificultade máis presume un de agrandarse, que o faga ou non xa é outra cousa) non o sei. Como me dixo unha persoa unha calurosa tarde : "parece que a túa vida é un cúmulo de preocupacións". Quedei pensando nesta frase toda a tarde pero ¡que razón tiña quen mo dixo!

2 Comentarios:

Blogger Madeleine dixo...

pero quen che dixo iso? pero como que tiña razón? pchss... queridiña non penses así, as preocupacións soio nos dan un momento de sombra un día de praia, son un sucedáneo para os problemas (que eses os teremos de maiores e sí que serán de p--- pena) Rí muller, que es moito máis guapa ;)

3:39 p. m.  
Blogger eternidade dixo...

Ti sempre igual meu reflexo no espello!!!jjj. Claro que río pero hai días nos que non sabes que facer, as dubidas que non tiveches en todo o ano asaltan nese momento. Graciñas miña investigadora

8:04 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home